Novas
Contido coa etiqueta .
Tribunal Supremo
O Supremo reduce as condenas dos papeis de Bárcenas e confirma o PP responsable civil
15/11/2024 12:32
A Sala, por cuestións menores de carácter predominantemente técnico, reduce as penas de prisión de 2 anos e 9 meses a 9 meses aos dous responsables principais e de 2 anos a 8 meses a Bárcenas
García Ortiz pide anular o rexistro do seu despacho por "desproporcionado"
14/11/2024 10:57
Está investigado por revelación de segredos polos correos da parella de Isabel Díaz Ayuso coa Fiscalía
O fiscal xeral pide a citación de Miguel Ángel Rodríguez como testemuña
12/11/2024 21:20
Álvaro García Ortiz está investigado polo Supremo por revelación de segredos polos correos da parella de Isabel Díaz Ayuso coa Fiscalía
Miguel Ángel Rodríguez é o director do gabinete da presidenta da Comunidade de Madrid
O Supremo pecha definitivamente a investigación contra Puigdemont por terrorismo
11/11/2024 16:27
O Tribunal desestima os recursos presentandos polas acusacións
Tamén estaba investigado o deputado de ERC Rubén Wagensberg
A decisión do Supremo confirma así a decisión da instrutora de arquivar a causa de Tsunami
O Supremo abre causa contra Ábalos polo seu "papel principal" no caso Koldo
07/11/2024 11:39
O xuíz que instrúe a causa na Audiencia Nacional e que a elevou ao Supremo apuntaba a "indicios fundados e serios" da participación de Ábalos en varios delitos
A Garda Civil rexistra durante dez horas o despacho do fiscal xeral
30/10/2024 14:24
Os axentes tiñan a orde de confiscar documentos e dispositivos electrónicos e de identificar todas a contas de correo de García Ortiz
O Supremo pídelle a García Ortiz que designe avogado para non xerarlle indefensión
30/10/2024 09:42
Fontes fiscais avanzan que será a Avogacía do Estado a que se faga cargo da defensa do fiscal xeral do Estado
Dous anos de García Ortiz como fiscal xeral: de suceder a Delgado a ser investigado polo Supremo
O xuíz envía ao Supremo unha denuncia contra Alvise por desorde pública
29/10/2024 09:34
Hermenegildo Barrera ve indicios de culpabilidade na manifestación contra a lei de amnistía fronte á sede do PSOE
O Supremo confirma a multa a Isabel Rodríguez por non ser neutral en período electoral
23/10/2024 19:47
Mantén a multa de 4.700 euros por declaracións cando era voceira do Goberno
A sanción da Xunta Electoral produciuse en vésperas das eleccións municipais do 2023
O xuíz pide ao Supremo que investigue o "papel principal" de Ábalos no caso Koldo
23/10/2024 12:29
Ismael Moreno considera que hai "indicios fundados e serios" para imputar a Ábalos por pertenza a organización criminal, tráfico de influencias e suborno
Sánchez reafirma que non cesou a Ábalos porque coñecese algunha actividade ilícita
Feijóo pide a dimisión de Sánchez: "Non hai cortalumes posible" contra a corrupción
O Congreso esixe investigar a corrupción tras apoiar aliados do Goberno unha moción do PP
García Ortiz: "Sabendo o que fixen, o resultado da investigación do Supremo só pode ser un"
17/10/2024 08:43
Nunha entrevista en La noche en 24 horas asumiu que fixo unha nota de prensa para desmentir un bulo e afirmou que a volvería facer, "aínda que non da mesma maneira"
A Fiscalía pide que o Supremo investigue a Ábalos polo caso Koldo
16/10/2024 14:08
Cconsidera que José Luis Ábalos puido incorrer en delitos de suborno, tráfico de influencias e organización criminal no marco dunha trama de posibles irregularidades na adxudicación pública de contratos de máscaras en plena pandemia
16/10/2024 09:41
O fiscal xeral do Estado seguirá no seu cargo: "É o menos gravoso e o máis prudente"
O Goberno defende a "profesionalidade e honorabilidade" do fiscal tras a súa imputación e o PP esixe a súa dimisión inmediata
Dous anos de García Ortiz como fiscal xeral: De suceder a Delgado a investigado polo Supremo
O Supremo dá ferramentas para evitar os pisos turísticos nas comunidades veciñais
13/10/2024 14:34
Nas xuntas de veciños precisan unha maioría de tres quintos para prohibilos e non unanimidade
Non ten efectos retroactivos e só afectará a quen queira destinar a súa vivenda no futuro á actividade turística
07/10/2024 16:33
Dúas novas sentenzas ditan que o voto favorable de tres quintas partes dos propietarios é suficiente para prohibir este tipo de alugueiros
O Tribunal Supremo declara ilegal o tramo autonómico do imposto sobre os carburantes
04/10/2024 16:20
O TS recoñece a lexitimación a quen abonou a taxa para solicitar á Administración a devolución dos ingresos indebidos e serán as comunidades as que teñan que reintegrar eses cartos cobrados entre 2013 e 2018
30/09/2024 12:14
A tenente fiscal do Tribunal Supremo pide arquivar as actuacións
No seu informe indica que "a nota de prensa emitida pola Fiscalía se limitaba a desmentir os infundios publicados" por tres medios de comunicación "así como polo xefe do Gabinete da presidenta da Comunidade de Madrid", no que cualificou como "unha campaña xornalística orquestrada para poñer en dúbida a actuación da Fiscalía"
O Supremo confirma que non aplicará a amnistía ao delito de malversación
30/09/2024 11:38
A Sala do Penal rexeitou os recursos de súplica do exvicepresidente catalán Oriol Junqueras e os exconsellers Raül Romeva, Jordi Turull e Dolors Bassa
A Fiscalía do Supremo investigará a Alvise pola súa relación cunha estafa con criptomoedas
25/09/2024 12:44
A investigación busca saber se o líder de Se Acabó la Fiesta recibiu 100.000 euros para promocionar a plataforma de investimentos Madeira Invest, e que podería supoñer un delito de financiamento ilegal
Madeira Invest está a ser investigada pola Audiencia Nacional tras a denuncia de investidores atrapados nunha suposta estafa con criptomoedas
O CXPX elixe o conservador Berberoff por unanimidade vicepresidente do Supremo
25/09/2024 11:41
Dimitry Berberoff era o único candidato proposto por Isabel Perelló, presidenta do Consello Xeral do Poder Xudicial
O Supremo aproba que os nacidos por xestación subrogada teñan España como lugar de nacemento
19/09/2024 13:09
O cambio do Rexistro Civil só estaba permitido para as adopcións internacionais
O maxistrado, contrario aos ventres de algueiro, sinala que o fai para salvagardar a intimidade do menor
Llarena ve un posible delito na non detención e posterior fuxida de Puigdemont
19/09/2024 10:50
O xuíz do Supremo non desbota "a participación doutros responsables non aparentes nos delitos"
Llarena enviou aos xulgados de Barcelona os informes policiais para que investiguen a fuxida, xa que o TS non é competente para facelo
Propoñen a Dimitry Berberoff como candidato á vicepresidencia do Supremo
16/09/2024 22:42
Isabel Perelló convocou un pleno o próximo día 25 para elixir o titular do cargo
O fiscal xeral agarda "tranquilo" pola decisión do Supremo sobre a súa posible imputación
13/09/2024 14:46
Álvaro García Ortiz acudiu este venres á toma de posesión do novo fiscal xefe da área de Ferrol
O xuíz Llarena confirma que non amnistiará a malversación a Puigdemont
10/09/2024 11:27
Desestima os recursos do expresidente catalán e dos exconsellers Lluis Puig e Antoni Comín, que poderán agora acudir á Sala de Apelacións do Supremo
Puente insiste nas críticas ao Supremo por non aplicar a amnistía: "Non podemos quedar calados"
14/08/2024 14:15
O PP sostén que Pedro Sánchez permitiu a fuga de Puigdemont
Salvador Illa pide deixar os Mossos fóra da confrontación política
Prisión permanente revisable por matar unha vendedora da ONCE que lle reclamaba 200 euros
22/07/2024 16:10
O home envolveu o cadáver nuns plásticos e comprou ladrillos, cemento e area para construír un habitáculo para ocultar o cadáver
22/07/2024 08:08
Asime di que o apoio do Supremo á eólica mariña dará pulo á industria galega
17/07/2024 11:34
En Galicia contan con "preto de 3.000 persoas traballando directamente" nesa industria e estima que poidan chegar aos 12.000 nos próximos 10 anos, ademais de xerar un efecto tractor en 200 empresas
Galicia concentra o 43 % de todo o espazo previsto para eólica mariña no conxunto de España
O Supremo expón consultar ao Constitucional se a amnistía vulnera a igualdade ante a lei
11/07/2024 16:25
O Alto Tribunal considera que os delitos de desordes públicas son amnistiables, pero cre que a súa aplicación pode ser discriminatoria
O Supremo decide se aplica a amnistía aos condenados por desordes públicas
10/07/2024 10:04
Entre os casos que terá que atender o Alto Tribunal están os do expresidente da ANC Jordi Sánchez, o expresidente de Òmnium Jordi Cuixart, a expresidenta do Parlament Carme Forcadell e os exconselleiros Josep Rull e Joaquim Forn
Nestes casos, xa cumpriron as penas ou foron indultados, polo que o Supremo deberá decidir se lles aplican a amnistía e borran os seus antecendetes
O Supremo arquiva a investigación contra Puigdemont por terrorismo
09/07/2024 13:41
A maxistrada Susana Polo cre que a Audiencia Nacional "non levou a efecto ningunha investigación da causa determinante da participación dos investigados nos feitos que se lle imputan"
O Goberno cre que a lei de Amnistía enceta camiño e Marta Rovira prevé regresar a Cataluña este sábado
O xuíz que investiga a inxerencia rusa rexeita amnistiar a Puigdemont e manda o caso ao Supremo
05/07/2024 12:01
O ministerio fiscal di que a decisión do xuíz do TS non é axustada a Dereito e alega que o expresident non se enriqueceu persoalmente nin danou os intereses financeiros da UE
Reclama que se levante a orde de detención que pesa sobre Carles Puigdemont
Bolaños non comparte os argumentos do Supremo para non amnistiar a malversación
03/07/2024 11:33
O ministro da Presidencia subliña que a lei de amnistía "está a aplicarse con normalidade" e que xa son máis de 70 os beneficiados pola norma
Biden acusa o Supremo de socavar o Estado de dereito por recoñecerlle a inmunidade a Trump
02/07/2024 03:45
O presidente dos EUA denuncia que agora calquera mandatario se pode sentir libre para ignorar a lei sen afrontar consecuencias
Afirma que a decisión xudicial impedirá saber a verdade do ocorrido no asalto ao Capitolio
A congresista demócrata Alexandria Ocasio-Cortez anuncia que impulsará un xuízo político aos xuíces conservadores que avalan o ditame
O Supremo non aplica a amnistía a Puigdemont: mantén a malversación e a orde de arresto
01/07/2024 12:54
A Sala do Penal tampouco aplica a amnistía aos líderes independentistas condenados a penas de inhabilitación polo procés, entre eles, o exvicepresidente Oriol Junqueras
Pugdemont cualifica o Supremo como "A Toga Nostra"nunha alusión velada á mafia siciliana
A Xunta pide un ditame ao Consello Consultivo previo ao recurso contra a lei de amnistía
O Supremo declara que un bico non consentido é unha "agresión sexual"
25/06/2024 12:50
Os maxistrados deixan claro que non é preciso un "non" da vítima ante intentos de bicar unha muller, senón que para que non exista delito o que fai falta é o consentimento, que é a "clave"
25/06/2024 11:14
A ministra de Vivenda argumenta que esta decisión é consecuencia da xurisprudencia do Tribunal Supremo
A Avogacía do Estado pide o "inmediato alzamento" da orde de detención a Puigdemont
21/06/2024 10:20
Os servizos xurídicos públicos piden que o Tribunal Supremo aplique a lei de amnistía á malversación e a desobediencia que se lles atribúe aos líderes do procés